​A folga do persoal técnicos de prevención de incendios comezará o sábado pola “falta de interese da Xunta de negociar”

Os sindicatos CIG, CC.OO., UXT e CSIF convocan a folga despois de máis de 25 meses de tensas negociacións coa Xunta de Galicia, á que denuncian polo seu inmobilismo e ser incapaces de desbloquear esta situación. 


|

Os sindicatos CIG, CC.OO., UXT e CSIF convocan a folga despois de máis de 25 meses de tensas negociacións coa Xunta de Galicia, á que denuncian polo seu inmobilismo e ser incapaces de desbloquear esta situación.


Os traballadores, que buscan actualizar unhas condicións laborais recollidas nun acordo que data de 2008, levan anos denunciando a necesidade de asinar un novo acordo que se axuste ás condicións e ao escenario actual, onde o réxime de incendios nada ten que ver co de hai unha década.


O teu00e9cnicos prevencios incendios

Os técnicos de prenvención do SEPI manteñen a folga en pé


A mesa negociadora, aberta en agosto de 2019, constituíuse despois de máis dun ano de mobilizacións. De momento, todos os intentos por buscar un entendemento foron infrutuosos, a pesar dalgúns pequenos pasos iniciais que achegaban algunhas melloras nas condicións laborais, e o colectivo decidiu convocar unha folga que, salvo un sorpresivo xiro de 180º, comezará o próximo 1 de agosto despois de que os sindicatos anunciásena o pasado 8 de xullo.


Despois de dous anos desde que pedimos a negociación das condicións laborais, a consellería non foi capaz elaborar unha proposta integral de reorganización sobre a que se poida negociar”, denuncian os sindicatos.


“Tras decisión asemblearia, consultouse telematicamente a todo o colectivo sobre a folga. A participación foi moi alta, de 80 persoas (dos 123 postos técnicos afectados polo acordo de 2008, número que inclúe tamén os cargos de libre designación). O 75% dos que responderon a enquisa mostraron a súa disposición de ir á folga. Consecuentemente, as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UXT convocaron de forma unitaria a folga do colectivo do persoal técnico forestal vinculado ao SPIF a partir de 1 de agosto de 2020”, sinalan os organismos sindicais.



WhatsApp Image 2020 07 26 at 17.11.09



PROTESTAS E INICIATIVAS

Nese sentido, o pasado 23 de xullo, tivo lugar unha teleasamblea onde se acordaron as medidas de organización e desenvolvemento da folga. Entre elas, destaca a creación dunha “caixa de solidariedade para paliar as posibles perdas económicas entre compañeiros”. Ademais, acordouse a celebración de concentracións periódicas na sede da Xunta de Galicia en San Caetano, así como nos edificios administrativos onde se sitúan os centros de coordinación provinciais ao longo de todo o mes de agosto.



A primeira de todas elas terá lugar este 30 de xullo en Santiago de Compostela. O 1 de agosto terá lugar unha protesta conxunta en Ourense (que tamén acolle protestas os días 3, 11 e19), Pontevedra (con protestas os días 5, 13 e 21), A Coruña (protestas o 7, 15 e 23) e Lugo (mobilizacións os días 9, 17 e 25).  



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE