Un incendio forestal queima 100 hectáreas en Carballeda de Valdeorras

Este sábado pola mañá quedaron controlados todos os focos menos un, que continúa estabilizado.


|

CarballedavaldeorrasbriflazaIncendio de Soutadoiro. //Foto: @BrifLaza


Medio Rural deu por controlados esta mañá todos os focos menos un dun incendio forestal que afecta ao municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, concretamente á parroquia de Soutadoiro.


A superficie afectada ascende a 100 hectáreas, desde que se iniciou na mañá do venres en diferentes focos simultáneos.


O lume iniciouse ás 10,20 horas deste venres e localízase en diferentes focos que, segundo estimacións provisionais, suman en conxunto unhas 100 hectáreas. Nos traballos de control levan participado 1 técnico, 13 axentes, 7 brigadas, 2 motobombas, 5 helicópteros e 1 avión.


A Consellería do Medio Rural lembra que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.


ACTUALIZACIÓN 16/04: Está extinguido desde o mediodía e chegou ás 137 hectáreas.

relacionada A Xunta declara o período de alto risco de incendios "co persoal de reforzo na casa"
relacionada Non hai condutores para as motobombas no servizo de extinción en Lugo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE