Centos de feridos durante as cargas policiais para desmantelar a votación ilegal

Os Mossos están cuestionados pola súa "pasividade" para pechar colexios electorais.


|

PolicolegioelectoralAntidisturbios entrando a un centro de votación. Foto: @anova


Un total de 761 persoas resultaron feridas, algunhas graves segundo a Consellería de Saúde da Generalitat, durante as "cargas policiais" de axentes do Corpo Nacional de Policía e a Garda Civil despregados para acceder aos puntos de votación electoral para requisar urnas e papeletas.


Manifestantes e persoas que custodiaban as escolas, centros cívicos e demais puntos de votación electoral criticaron cargas da policía e uso de pelotas de goma para dispersar multitudes.


Os desaloxos e precintos que levaron a cabo a Policía Nacional e a Garda Civil nos colexios electorais de Cataluña tamén se saldaron con nove axentes do Corpo de Policía feridos leves e tres da Garda Civil, segundo fontes do Goberno.


"BRUTALIDADE"


O presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, acusou este domingo ao Estado español de utilizar unha "brutalidade policial absolutamente inxustificada" para tentar impedir o referendo suspendido polo TC.


"A imaxe exterior do Estado español continuou empeorando e hoxe chegou a unhas cotas de vergoña que lle acompañarán para sempre", manifestou en declaracións aos medios.


En rolda de prensa, o portavoz do Govern, Jordi Turull, afirmou que "todos os danos persoais e materiais son exclusivamente responsabilidade de Rajoy e o Goberno do PP". Turull pediu a todos os cidadáns feridos que soliciten "un certificado" no centro médico que os trate, e inmediatamente despois presentar unha denuncia ante Mossos d'Esquadra.


Sobre os feridos lamentou: "Non só é gravísimo, senón tamén inaudito", e lamentou que forzas e corpos de seguridade do Estado utilizasen pelotas de goma contra as persoas, cando o Parlament decidiu prohibilas recentemente.


OS MOSSOS, EN CUESTIÓN


A Fiscalía rexeita pronunciarse polo momento sobre se procede ou non actuar contra os Mossos d'Esquadra ante o que podería entenderse como unha desobediencia respecto das directrices dadas polo Tribrunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) para desaloxar os colexios e impedir o referendo.


Porén, polo menos seis xulgados cataláns, en funcións de garda, abriron dilixencias para investigar se os Mossos d'Esquadra desobedeceron a orde do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) de impedir a utilización de locais públicos para celebrar o referendo ilegal.


As horas previas á apertura de colexios en Cataluña para levar a cabo o referendo ilegal convocado pola Generalitat caracterizouse pola actitude pasiva dos Mossos d'Esquadra, que incumpriron as súas propias directrices para que os lugares designados para votar estivesen pechados ás seis da mañá. Finalmente, ata as primeiras horas da tarde, os Mossos pecharan máis de 200 colexios.


Ante esta situación finalmente despregáronse axentes da Policía Nacional e da Garda Civil que requisaron urnas nalgúns colexios, mentres que noutros se produciron cargas policiais.


Segue en directo o desenvolvemento da xornada en Catalunyapress.


relacionada O Goberno catalán fía un hipotético escrutinio á "credibilidade" dos elixidos
relacionada Patrullas dos Mossos pecharán un a un os colexios e requisarán as urnas o domingo
relacionada Os sindicatos de policías critican os obstáculos para coordinarse cos Mossos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE