Puigdemont declara a independencia de Cataluña e déixaa en suspenso para negociar

"Puxéronse en marcha iniciativas de negociación e diálogo a escala nacional e internacional moi serias e moi difíciles de imaxinar hai só un tempo", argumentou.


|

Puigdemontparlamentcat



O presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, proclamou este martes no Parlamento catalán que asume "o mandato do pobo de que Cataluña se converta en Estado independente en forma de república", pero expuxo atrasar os seus efectos para entrar nunha etapa de diálogo.


"Por responsabilidade e por respecto, o Goberno e eu mesmo propoñemos que o Parlament suspenda os efectos da declaración de independencia, con tal de que nas próximas semanas empecemos un diálogo sen o cal non é posible chegar a unha solución acordada.

Cremos firmemente que o momento pide non só a desescalada da tensión senón tamén a vontade clara e comprometida de avanzar nas demandas do pobo de Cataluña a partir dos resultados do 1 de outubro na etapa de diálogo que estamos dispostos a abrir.

Todos vostedes saben que desde o día seguinte do referendo puxéronse en marcha iniciativas de negociación e diálogo a escala nacional e internacional. Todas elas son moi serias e eran moi difíciles de imaxinar hai só un tempo."


Sigue en Catalunyapress o que sucedeno Parlamento catalán en directo.


relacionada Sigue en directo a declaración de Puigdemont no pleno do Parlamento catalán
relacionada Cataluña, "ao límite" á espera da próxima manobra dos independentistas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE