A petición a favor da prisión permanente multiplica o apoio por 15 en menos dunha semana

A nai das nenas asasinadas polo seu pai en Moraña en 2015 impulsa a iniciativa, pero a firma de Diana López-Pinel aumentou a mobilización.


|

DabidoubelparricidamoranaDavid Oubel foi condenado en xullo polo dobre crime.

O apoio de Diana López-Pinel, a nai de Diana Quer, á campaña online en contra da derrogación da prisión permanente revisable multiplicou por 15 en menos dunha semana as firmas recollidas.


Aínda que está activa desde hai seis meses, non despegara ata agora. O pasado venres, a petición en Change.org iniciada por Rocío Viéitez, a nai das nenas asasinadas polo seu pai en Moraña en xullo de 2015, sumaba uns 17.000 apoios. O sábado, tras a difusión que lle deu a nai de Diana Quer dobrou a cifra en só unhas horas. Este mércores, o número de firmas supera as 260.000 e o contador segue subindo cada minuto.


Na petición, Rocío Viéitez lembra que David Oubel foi condenado este verán a unha pena de prisión permanente revisable por cada unha das menores asasinadas.


A súa impulsora anima á cidadanía a mostrar o seu "total rexeitamento" á iniciativa parlamentaria, aprobada por maioría absoluta do Congreso, para derrogar a condena instaurada na lexislatura anterior. Unicamente o PP e UPN votaron en contra.


Rocío Viéitez cuestiona sobre o asasino das súas fillas "que outra condena merece?" Defende que con esta pena, se David Oubel "mostra os mesmos signos violentos e de reincidir, non sairá".


Na súa xustificación asegura crer na reinserción. "Se, unha vez cumpridos 25 anos como castigo polo seu delito, xuristas e psicólogos consideran que está preparado para saír, sairá como é lóxico", expón.


Con todo, critica o "afán de ser correctos, de mente aberta, tolerantes e democráticos", ao entender que se esquece ás vítimas.


Por iso, pide á cidadanía asinar a petición, que ten como destinatarios os membros da Comisión de Xustiza do Congreso, encargados de revisar a derrogación da prisión permanente revisable. "Necesitan visualizar a porcentaxe de votos que representamos para darse conta de que a nosa opinión conta", finaliza.


relacionada ​A nai de Diana Quer provoca un 'efecto chamada' a favor da prisión permanente
relacionada O parricida de Moraña, condenado a prisión permanente revisable
relacionada A nai das nenas asasinadas en Moraña pregunta: "Que outra pena merece?"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE