As luces e as sombras da iluminación do Nadal de Vigo que non deixan indiferente á cidade

Miles de persoas congregáronse ás 20:00 deste pasado venres na céntrica praza da cidade para presenciar en vivo e en directo o aceso dunhas das luces do Nadal máis famosas do país


|

EuropaPress 5598370 centenares personas asisten encendido luces navidad 2023 porta do sol 24
Acendido das luces na cidade de Vigo / Foto: @EP

Este pasado venres, Vigo daba comezo o seu xa coñecida Nadal. O alcade da cidade, Abel Caballero acendía as luces da cidade nun acto multitudinario en Porta do Sol, acompañado dos concelleiros do grupo municial do Partido Socialista da cidade.

 

Miles de persoas congregáronse ás 20:00 na céntrica praza da cidade para presenciar en vivo e en directo o aceso dunhas das luces máis famosas do país, que busca cada ano facerlle competencia ao resto de España e mesmo do mundo.

 

Este ano Vigo gastouse 9,5 millóns de euros no seu aceso do Nadal, un 60% do total do gasto en todas as cidades galegas. Iluminou así o centro da cidade con 11 millóns de diodos led. O Concello de Vigo asinou este ano un contrato por catro anos coa empresa andaluza Ximénez a mediados de outubro, a mesma encargada de grandes eventos como a iluminación de Fállalas de Valencia. En gasto, á cidade olívica séguelle Ourense, con 1.700 elementos decorativos e un investimento de 600.000 euros, unhas luces que se acenderán aínda o próximo vienres 1 de decembro.

 

O resto de cidades teñen, pola súa banda, un gasto en iluminación do Nadal moito máis moderado, como é o caso de Lugo, con 153.000 euros; Pontevedra, con 140.000; A Coruña, con 470.000 euros; Ferrol, con case 154.000, ou Santiago, con case 215.000.

 

EXPECTACIÓN NA CIDADE

O aceso das luces de Nadal da cidade de Vigo é un dos grandes momentos que a cidade espera expentante cada ano. Ademais, todo o nadal Vigo énchese de turistas de todas partes de Galicia e España para ver as luces, con practicamente todos os establecementos hoteleiros rozando a ocupación máxima.

 

As redes levan días tamén falando do aceso das luces. Algúns coñecidos caricaturistas, como Luís Davila, fixeron referencia no seu contido ás luces de Vigo. Incluso algunhas empresas se aproveitaron do tirón do Nadal vigués para facer promoción dos seus produtos e servizos, como o caso da compañía telefónica R.

 

Así, as redes en Galicia enchéronse de referencia a este acto de aceso multitudinario, que non só foi a noticia do venres, senón que supuxo un auténtico caos en Vigo con cortes de tráfico, accesos limitados, controis de seguridade en rúas e prazas da cidade.

 

A OUTRA CARA DAS LUCES DO NADAL

Con todo, non todos opinan o mesmo sobre as luces de Vigo. Para empezar, Abel Caballero e o goberno vigués han recibido numerosas críticas polo seu excesivo gasto en luces do Nadal. O xornalista do O Salto Javier H. Rodríguez falaba na súa conta de X de numerosos bulos e mentiras sobre a rendibilidade destas luces para a cidade. Considera que as cifras oficiais de visitantes están "manipuladas", ao non estar desagregadas. Tamén informa de que o retorno económico que menciona o alcalde de "entre 500 e 1.000 millóns" de trata dun hipérbole. Menciona ademais o colapso da cidade e a dificulad dos corpos e forzas de seguridade do Estado para tratar emerxencias.

 

Outras críticas que recibiu Abel Caballero é o que para algúns é unha "utilización partidista" das luces de Nadal. O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou tamén nas súas redes sociais a iluminación do Nadal e a presenza do candidato socialista á Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, no acto inaugural deste venres.

 

"En calidade de que estaba o candidato do PSOE á presidencia da Xunta, o señor Besteiro, no podio do aceso das luces de Nadal de Vigo?", denunciaba o portavoz nacionalista. "A utilización partidista que Abel Caballero fai dos seus actos institucionais no Concello segue batendo marcas da falta de vergoña", concluía.

 

 

Outra das fortes críticas veu por mor da localización das luces este ano, pois unicamente se colocaron e aceso no centro da cidade. Este cambio ha genrado incerteza nos vigueses, algúns convencidos de que se debe a unha falta de orzamento debido ao elevado custo da árbore de Nadal xigante que o Concello instalou este ano. Tamén sementou a crítica os coñecidos aspectos relativos á planificación desta iluminación.

 

Segundo informou o diario Faro de Vigo, esta desición de soamente colocar as luces no centro, polo menos por agora, é debido "á dificultade para a tramitación do contrato que este ano sufriu o Goberno local" así como da montaxe da iluminación e demais decoración, que sufriron atrasos. O plan para iluminar a cidade foi por parto, segundo informa o medio vigués "acelerado e atropelado". Por este motivo, o consistorio municipal ha priorizado as zonas con maior atracción turística para os visitantes. Con todo, o Goberno local ha afirmado que todos os barrios verán iluminadas as súas rúas como nos anos anteriores, aínda que máis tarde do habitual.

 

Entre as súas dificultades, o Concello de Vigo recoñeceu que colocou algunhas instalacións de Nadal aínda sen permiso dous días antes do aceso das luces. É por iso que varias carpas e máquinas de montaxe do mercado do Nadal situadas nos xardíns Eugenio González e en Areal foron precintadas pola Policía Local.

 

O goberno municipal ha indicado que aínda está en tramitación a autorización de ocupación da vía pública. No espazo do mercado ha nestes momentos unha zona acoutada dode atópase a maquinaria porque os responsables do mercado deben presentar a documentación pertinente. Mentres tanto, o mercado continúa a súa montaxe e a maquinaria está parada ata que conte coa autorización para poder ser empregada", indican desde o Concello.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE