Berizzo confirma a súa marcha do Celta

O 'Toto' e o seu equipo tecnico non continuarán no equipo vigués a próxima tempada e mañá dirixirá o seu último partido.


|

Berizzo


Despois de múltiples informacións sobre o futuro do técnico arxentino, Eduardo Berizzo falou esta mañá en rolda de prensa na Madroa para confirmar que non seguirá á fronte do Celta, cando se cumpren tres anos do anuncio da súa chegada para substituír a Luís Enrique. 


O 'Toto' finaliza o seu contrato a final de tempada e mañá dirixirá o seu último partideou. Sen entrar en detalles, o técnico vaise por non chegar a un acordo co club no seu contrato. 


O Celta, na súa web, dedica unhas palabras de agarimo e agradecemento ao arxentino, facendo referencia  tres anos 'marabillosos' de moito crecemento e tempadas cumprindo obxectivos.



Eduardo Berizzo, e o seu corpo técnico, non continuarán no Real Club Celta a próxima tempada. Conclúe unha etapa de tres anos marabillosos, de continuo crecemento no aspecto deportivo, social e institucional, tres tempadas magníficas nas que se perseguiu sen desmaio un soño que non só avivou a ilusión e a esperanza, senón que as ancorou na alma do celtismo.


Tres anos da man dun adestrador que fixo historia, que estará para sempre na memoria do club e da súa afección. Eduardo Berizzo deixara unha notable pegada como xogador e deixa agora outra, máis profunda, como adestrador, un dos mellores, sen dúbida, da historia do Real Club Celta.


O club só pode mostrar gratitude pola súa entrega, a súa implicación e a paixón que envorcou no seu traballo durante esta etapa, das máis brillantes, por xogo, proposta e logros, que houbo xamais.




relacionada Pepe Mel confirma que seguirá no banco do Dépor a próxima tempada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE