Un morto e un ferido grave ao chocar o seu turismo contra un todotereno en Landrove, Viveiro

Os ocupantes do todoterreo, de maior tamaño, saíron ilesos do golpe. Non agarrei os viaxeiros do coche, o copiloto de 28 anos faleceu no mesmo lugar do accidente e o condutor esta grave no hospital.


|

Accidente en Viveiro en una foto de EP
Accidente en Viveiro nunha foto de EP


 

Unha persoa faleceu na noite deste pasado xoves na localidade lucense de Viveiro tras chocar contra un poste e impactar contra outro vehículo que viña de fronte. O suceso produciuse na longa recta da estrada comarcal que pasa por Landrove, na zona de Magazos, á altura dunha casa indiana.

Tal como informou o 112 Galicia, os xestores de emerxencias tiveron constancia do suceso minutos antes das 23.00 horas e foi o condutor dun dos coches implicados o que deu a voz de alarma.

 

Segundo indica a CRTVG, a vítima mortal, un home de 28 anos que traballaba nun taller de Viveiro, ocupa o asento de copiloto do turismo. O condutor, un home de 30, foi trasladado en ambulancia e está ingresado no Hospital da Mariña, en Burela, con prognóstico grave. 

 

O turismo resultou completamente esnaquizado polo violento choque. Os ocupantes do todoterreo resultaron ilesos.

A persoa que alertou a Emerxencias relatou que se produciu unha colisión entre dous vehículos na LU-540, en Magazos, indicando que o turismo que circulaba en dirección oposta a el chocara contra un poste e saíra rebotado cara ao seu vehículo.

O home tamén aseguraba que o ocupante do outro coche atopábase tirado sobre a calzada.

Por todo iso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) deuse aviso a Urxencias Sanitarias 061, aos Bombeiros de Viveiro, á Policía Nacional, á Garda Civil e ao servizo municipal de Protección Civil.

Unha vez no punto, os profesional informaron de que había moitos restos do accidente esparexidos pola estrada, polo que tamén se alertou ao servizo de mantemento da vía.

A pesar de que até o lugar desprazáronse dúas ambulancias de servizo vital básico e persoal da PAC de Viveiro, só puideron confirmar que unha das persoas estaba falecida.

Pola súa banda, segundo fontes do 061, outro ferido na colisión, C.P.G. de 30 anos, tivo que ser trasladado até o hospital de referencia para ser atendido. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE