Pedro Sánchez e a máquina da lama

Manoel Barbeitos
Economista

Como pode acabar este novo acto? Atrévome a apostar por unha "cuestión de confianza" que obrigue ao Congreso dos Deputados a decidir. 

El secretario general de Manos Limpias, Miguel Bernard
O secretario xeral de Mans Limpas, Miguel Bernard


 

Un pode non compartir a última decisión de Pedro Sánchez, como é o meu caso, pero o que non se pode negar é que, como vimos repetindo neste medio, estamos diante dunha nova operación na ofensiva política, xudicial e mediática das dereitas extremas (PP, Vox) por derrubar a un goberno lexítimo (Art. 98 C.E.).

 

Unha ofensiva que xa ben de anos atrás pero que foi escalando os ataques segundo ia deixando atrás cadáveres ao tempo que ampliaba a superficie da súa lameira. Unha ofensiva que comezou ao día seguinte da investidura de Pedro Sánchez como Presidente do Goberno español (2 de xuño do 2018) e que tivo como primeiro obxectivo a PODEMOS. Tratábase de destruír esta organización sementando mentiras, divulgando trolas, trucando imaxes, inventado historias falsas e votando merda sobre os seus dirixentes mais destacados :o fin xustifica os medios. Como é ben sabido ao final conseguiría o seu obxectivo (retirar a PODEMOS do escenario político) a pesares de que, por caso, tódalas trolas quedaron en evidencia e arquivados os expedientes xudiciais por falta de probas.

 

Si os numerosos erros cometidos polos dirixentes de PODEMOS facilitáronlle as cousas as dereitas extremas non menor axuda supuxo que as outras esquerdas (PSOE, Sumar) mirarán para o outro lado pensando inxenua e torpemente que o derribo de PODEMOS ia favorecerlles. Non parece que entenderan que so estábamos diante da primeira fase da operación que en realidade tiña e ten como obxectivo central derrubar ao goberno de progreso.

 

Desaparecido PODEMOS do escenario político e con SUMAR nun lugar moi secundario as dereitas extremas puxeron o foco no PSOE sabendo que si esta veterana organización conta cunha maior solidez orgánica e política a actual dirección ten que soportar a oposición interna de relevantes persoeiros. Unha ofensiva que se foi acentuando consonte os tempos políticos ian confirmando que a segunda lexislatura parece ben encamiñada.

 

Neste escenario é no que hai que situar esta nova ofensiva das dereitas extremas agora contra Begoña Gomez. Unha ofensiva que si analizamos o formato xurídico-mediático ten moitas similitudes coas ofensivas contra Irene Montero, Ada Colau, Monica Oltra, Manuela Carmena e Vitoria Rosell por citar os casos mais rechamantes. Unha ofensiva que a pesares da falsidade das súas bases conseguiría o obxectivo central de retirar do primeiro plano político a estas magníficas e intachables mulleres: miserias da política española na que xente honesta se ten que ir para a casa mentres moitos/as corruptos/as se manteñen nos seus postos.

 

Analicemos agora os fundamentos da acusación contra Begoña Gomez. Os actores principais son un pseudosindicato de matriz fascista (MANOS LIMPIAS), que presenta unha denuncia, por tráfico de influencias e corrupción nos negocios, e un xulgado (Xulgado de instrución 41 de Madrid) que a admite. As bases da acusación: recortes de periódicos tamén de orientación parafascista. Credibilidade dos acusadores: nula dados os seus antecedentes xudiciais (perderon tódolos xuízos) e penais (condenados pola Audiencia Nacional). Actores secundarios: os señores Feijoo e Abascal que colaboraron decisivamente a posta en marcha da “maquinaria da lama”. Procedemento xudicial: o típico neste casos, se declara secreta a causa para asi dificultar ao máximo a defensa dos acusados ao tempo que se atende prioritariamente ás declaracións dos medios que sustentan a denuncia. A mesma historia xudicial que cos/as xa citadas mulleres vítimas destas prácticas antidemocráticas que aínda rematando en nada conseguen o obxectivo de emporcar a imaxe dos/as inxustamente acusados/as o que nesta España da réditos políticos.

 

Para rematar, como interpretar politicamente esta decisión de Pedro Sánchez?. Non deberan caber dúbidas de que estamos diante dunha decisión política que seguramente ten varios obxectivos. O primeiro desvialo foco político á súa persoa (Presidente do Goberno) retirando a súa muller do primeiro plano. Segundo (a orde non importa) colocar enfronte súa a maquina da lama. Terceiro debilitar a ofensiva das dereitas extremas colocando a decisión mais relevante (si se marcha ou se queda) nas súas propias mans. Finalmente sitúalo debate en torno a honorabilidade da política (“merece a pena todo isto?”).

Como pode acabar este novo acto?: atrévome a apostar nunha “cuestión de confianza” que obrigue ao Congreso dos Deputados a definirse. Unha cuestión de confianza que vistas as reaccións dos diferentes partidos parece gañada. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE