Un condutor choca contra a mediana dunha estrada no municipio de Toén
O suceso tivo lugar ás 12.50 horas deste xoves e a Garda Civil de Tráfico do Subsector de Ourense investiga as causas do sucedido cun Peugeot modelo 208
Un condutor saíuse da vía e chocou contra a mediana no PKm 231 da A-52 (Benavente-Porriño), calzada do sentido O Porriño e no termo municipal de Toén.
O suceso tivo lugar ás 12.50 horas deste xoves e a Garda Civil de Tráfico do Subsector de Ourense investiga as causas do sucedido cun Peugeot modelo 208. O condutor e único ocupante resultou ileso.
Como consecuencia do impacto, o vehículo saíu proxectado cara ao centro a plataforma cortando completamente o carril dereito, polo que foi necesario canalizar o fluxo circulatorio cara ao esquerdo e sinalizar a cola da retención, debido á gran intensidade de vehículos.
Para atender este sinistro mobilizáronse dúas patrullas de motoristas da Garda Civil de Tráfico, un equipo de conservación e mantemento da estrada e un guindastre da asistencia da aseguradora.
Escribe o teu comentario