Normalidade democrática e barullo político

Manoel Barbeitos
Economista

Como sublimaba nun artigo anterior neste mesmo medio, este ano 2024 imos ter en España un maratón electoral que terá a súa primeira etapa no País Vasco coas eleccións autonómicas (21 de abril). Unha contenda que se celebrará nun contexto de normalidade democrática (o que non implica ausencia de conflitos sociais e enfrontamentos partidarios) que contrasta fortemente co barullo político que, por caso, dáse en Cataluña.

 

Unha normalidade democrática que, como sinalaba no citado artigo, cabalga sobre un Estatuto de Autonomía (Gernika 1979) lexitimado nun referendo popular (25.10.1979) e armado por un Sistema de financiamento (o popularmente chamado “cota”) que supón un indiscutible privilexio fronte as demais comunidades autónomas.


Cun PIB per cápita (118,2%) que supón o segundo máis elevado de España, un desemprego que se cifra nun 6,3% e unha balanza comercial con superávit (+7,2%) o País Vasco presenta un situación macroeconómica privilexiada no contexto español. Unha situación que, a pesar diso, non pode ocultar déficits como, por caso, a existencia de pobreza (15,7%), que é a segunda máis baixa de España, a crecente desigualdade (a exclusión social severa afecto ao 9% da poboación) e uns problemas ambientais relevantes (biodiversidade, residuos e cambio climático).


Gardando as reservas debidas, a distancia parece innegable que as próximas eleccións vascas vanse a celebrar nun contexto político e mediático que en nada se parece ao que presentan as eleccións catalás. Unha situación á que contribúe decisivamente o comportamento político tanto dos partidos soberanistas (PPNV, Bildu) como dos autonomistas (#PSE). Os primeiros, unha vez que a vía Ibarretxe de confrontación
institucional fose abandonada, e sen enterrar as lexítimas ambicións independentistas, veñen apostando decididamente pola vía do diálogo e a negociación. Estratexia que esta recibindo por parte dos cidadáns vascos un forte respaldo electoral (#PNV: 39,1%, BILDU: 27,9%) que todo parece vai ser referendado nestas próximas eleccións. A esta realidade partidaria hai que sumar que o PSE (13,7%) é un partido de longa tradición vasca.
 

Un asunto non menor a reflexionar é o de que peso nesta normalidade democrática vasca, de falta de barullo político, ten a débil presenza das dereitas extremas españolas (#PP: 6,8%, Vox: 2%) cuxos resultados están a ser, todos estes anos, dos mais pobres de España.


Finalmente, só quédame lamentar que esta normalidade democrática (que, por caso, favorece que a CAV sitúese como a segunda Comunidade Autónoma pola importancia da IDE: 16,1% en España) non reciba a atención política e mediática que si recibe o barullo partidista. Déficits da democracia española.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE