As eleccións catalás, unha oportunidade para a normalización

Manoel Barbeitos
Economista

A solución debería pasar por un acordo entre o Parlamento de Cataluña e o Parlamento español que despois debe ser referendada polos cidadáns de Cataluña

 

Archivo - Mossos d´ Esquadra con pistolas de pelotas de goma durante la sexta jornada de protestas en Barcelona contra la sentencia del Supremo por el 'procés', en Barcelona a 19 de octubre de 2019.
Arquivo - Mossos d´ Esquadra con pistolas de pelotas de goma durante a sexta xornada de protestas en Barcelona contra a sentenza do Supremo polo 'procés', en Barcelona a 19 de outubro de 2019.

 

As vindeiras eleccións cataláns, a celebrar o 12 de maio, aparecen no horizonte como unha oportunidade para encarar con tranquilidade, o que non significa que non vaian a existir conflitos puntuais que serían naturais nun asunto tan complexo, ao definitivo encaixe de Cataluña no Estado español. Neste momento a pelota está no tellado dos/as cidadáns cataláns que decidirán co seu voto que camiño a seguir prefiren. 

Lembremos que o actual desencontro arrancaría no golpe de estado constitucional (en expresión do emérito catedrático Perez Royo) que o Tribunal Constitucional daría contra o Estatuto de Autonomía de Miravet, que logo dun sinfin de desencontros entre partidos e institucións, sería finalmente aprobado polo Parlamento de Cataluña e refrendado polos cidadáns cataláns. Pero como e ben sabido logo do seu paso polo Parlamento español e polo Tribunal Constitucional remataría nun texto moi diferente e con competencias moito mais restrinxidas. Un transito que deixaría unha profunda ferida no pobo de Catalunya que vía como se lle impoñía un estatuto que el non aprobara.

 

O sucedido co Estatuto de Miravet foi unha clara expresión de como en España aínda non está resolto o problema da descentralización política do Estado. Non está resolto por que aínda segue vixente un intenso pensamento centralista e unitario que curiosamente aparece mais vixente consonte avanzamos en democracia. Unha non resolución por que sempre se impón a vontade dos poderes constituíntes sobre a decisión das Cortes xerais que son as que dan lexitimación a un proceso de negociación política como é un Estatuto de Autonomía, Velaí as consecuencias de que o Tribunal Constitucional tirara abaixo un estatuto aprobado polo pobo de Cataluña por medio do seu Parlament, previo pacto coas Cortes Xerais, e un Referendo. Un acto disparatado que faría que ese estatuto non fora recoñecido por unha ampla maioría do pobo catalán. 

 

Un marco que posteriormente daría vida as chapuzas políticas do PROCESS e a DUI e a non menos desmesurada decisión do goberno español de aplicar o artigo 155. A que en Catalunya se creara unha polarización entre o sono soberanista da independencia e a estratexia das forzas de dereita extrema de que sexa o Tribunal Constitucional quen marque os limites da estatuto. Unha polarización que non ten unha solución fácil por que non parece que ningunha das dúas sexa aceptada polas partes.

 

A solución debería pasar por un pacto entre o Parlament de Catalunya e o Parlamento español que logo debe ser referendado pola cidadanía de Catalunya. Será posible? Debería selo por que parece a solución mais doada para a integración de Catalunya no estado que é do que se trata. Inda que dada a situación creada quizás haxa que empezar polo referendo para saber que é o que realmente queren os cidadáns cataláns que son quen deben ter a última palabra.




 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE